Taller de Astronomía

Como xa sabedes, estamos a desenvolver o noso proxecto "Unha viaxe polo espazo", e para coñecer máis en profundidade ao Sol e aos planetas, visitounos Ana Ulla, presidenta da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, quen nos presentou un power point, "O sol e a súa familia" con información e imaxes moi interesantes. A maiores, e grazas ao Mago Merlín, fío condutor da historia, foinos presentando cada un dos planetas, e contando as súas curiosidades. Despois deste pequeno visionado, realizamos dúas actividades que nos encantaron. A primeira era poder ver de cerca un planetario, e poder observar o movemento planetario; e a segunda foi facer cráteres, como os da lúa. Para iso, precisamos fariña, colacao, e laca, e sobre todo uns meteoritos (pedriñas pequenas). Despois, e dado que estivemos moi atentos, Ana otorgounos a cada un de nós un diploma de astrónomo.

0 comentarios:

Publicar un comentario